A Deputación garante que as Rutas Fluviais funcionen antes da Semana Santa

O Goberno da Deputación garante a apertura das Rutas Fluviais para antes da Semana Santa. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, mantivo este martes unha reunión á que convidou a todos os Alcaldes da Ribeira Sacra para explicarlles todas as xestións realizadas polo Executivo Provincial dende a tarde do pasado martes para solucionar a parálise dos catamaráns, que segundo indica en nota de prensa o ente provincial, provocaron PP e BNG, opoñéndose á celebración dun proceso público e aberto a todos os cidadáns para a seleccións dos profesionais que prestan este servizo dende Suplusa, tal e como sempre se fixo.

No Pleno Provincial, Vidal Baamonde lembrou que “a intención do Goberno Provincial era abrir un proceso de contratación público para a selección dos traballadores que prestan o servizo de atención e mantemento das Rutas Fluviais. Levamos esta proposta ao Consello de Suplusa pero os representantes do BNG e PP decidiron non apoiala, bloqueando o funcionamento das Rutas Fluviais, prevista para o 1 de abril, coincidindo coa Semana Santa”.

Por este motivo, dende a propia tarde do martes, tras o bloqueo en Suplusa, o Goberno Provincial comezou a estudar todas as posibilidades para abrir coa máxima axilidade as Rutas Fluviais. Neste senso, Vidal Baamonde avanzou que Tragsa se encargará do seu funcionamento dende abril ata decembro.“Tratamos este asunto con axilidade e responsabilidade, porque sabemos da importancia dos catamaráns para o turismo da provincia, que medra de xeito exponencial, sobre todo na Ribeira Sacra”, afirmou o deputado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com