A Deputación impulsa en Xermade o Encontro Internacional de Torneiros

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, presentou este xoves na Biblioteca municipal de Xermade o XVI Encontro Internacional de Torneiros, que organiza o Concello xermadés os días 23, 24 e 25 de setembro. Fíxoo xunto ao alcalde, Roberto García Pernas. O organismo provincial colabora con esta cita cunha achega económica de 3.000 euros e a través da Fundación TIC, que se encargará de elaborar unha reportaxe para a difusión e promoción do encontro. Tamén colabora a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, e a Aldea Artesán de A Fraga.

Nesta edición o encontro contará coa presenza de catro expertos internacionais: o coruñés Manuel Castro, o tinerfeño Rafael Saigí, o grego Nikos Siragas e o inglés Jason Smith.

García Porto subliñou que “é un pracer colaborar co Concello de Xermade e cos mestres torneiros na difusión e promoción dos oficios tradicionais. Creo que é de xustiza recoñecer a labor dos nosos artesáns, pois o seu traballo diario manteñen vivos os oficios tradicionais que caracterizan a nosa cultura. Estes profesionais son un exemplo de compromiso coa identidade galega e de superación, ademais de que demostran que a tradición e a innovación non están enfrontadas, senón que poden conxugarse perfectamente, sendo un valor engadido que impulsa a nosa economía”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com