A Deputación impulsa o IV Rally Turístico Terras do Incio

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, a Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro, e o organizador da proba, Andrés Castro, presentaron este venres na Praza de San Marcos o IV Rally Turístico Terras do Incio. Este evento celebrarase dende o 6 ao 10 de xullo. Partirá de Sober e transcorrerá polos municipios de Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, O Incio e Lugo, combinando visitas lúdicas, etnográficas e culturais. Na actividade participarán 25 vehículos clásicos de diferentes épocas e a Deputación colabora cunha achega económica de 2.500 euros.

Vidal Baamonde subliñou que “esta iniciativa nace do cariño e do orgullo que Andrés Castro sente polo súa terra, pola provincia de Lugo e, concretamente, polo Incio, Concello do que emigrou, pois coa realización desta proba quere ensinar a riqueza da súa provincia ao mundo. Este rally xa se converteu nun clásico na provincia que, ademais de servir para ensinar as riquezas gastronómicas, arquitectónicas, culturais, medio ambientais e paisaxísticas de Lugo, estimula a economía e potencia turísticamente a montaña lucense e a Ribeira Sacra”.

Laura Celeiro destacou que “este tipo de iniciativas serven para revitalizar a nosa comarca e amosar as nosas riquezas turísticas. O Incio converterase por un día na capital dos coches clásicos e iso non pasa todos os días”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com