A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, informou da aprobación hoxe en Xunta de Goberno do Buxiganga 2018, que chega á súa décima edición. O Goberno Provincial decidiu dotar de 70.000 euros os fondos desta programación, incrementando o orzamento nun 25% en relación ao ano anterior, debido á alta participación nesta iniciativa. Logo da aprobación na Xunta de Goberno de hoxe das bases e dos modelos de solicitude, abrirase o prazo de solicitude o día 27 de febreiro. Os interesados disporán de 15 días para facelo.
García Porto explicou que “co Buxiganga 2018, o proxecto de teatro afeccionado da Deputación, cumprimos un dobre obxectivo: promocionar o teatro afeccionado, debido á grande cantidade de escolas de teatro municipais coas que contamos, e dinamizar cultural, social e economicamente os municipios da nosa provincia, especialmente os do rural”.
O Buxiganga está dirixido a municipios e asociacións sen ánimo de lucro da provincia, que poderán solicitar a celebración de actuacións, e as agrupacións de teatro, que son as que representarán as obras. Unha vez coñecidos os Concellos solicitantes e os grupos de teatros, elaborárase un catálogo para que os municipios e asociacións culturais soliciten o grupo desexan contratar.