A Deputación inicia os traballos previos á construción do centro de maiores de Becerreá

O Vicepresidente da Deputación e Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, técnicos provinciais e da empresa adxudicataria, mantiveron un encontro este mércores en Becerreá para programar o inicio das obras do centro de maiores público do organismo provincial neste municipio da Montaña. Fixaron o calendario dos traballos e determinaron os usos dos espazos.

Estas son as actuacións previas necesarias ao inicio da execución das obras, que terá lugar nas vindeiras semanas, pois xa se contratou con 70.000 euros a primeira fase das obras.

Martínez Núñez explicou que esta consiste no derrubamento do antigo Fogar Escola, que se atopa na rúa Ancares, nº 83, na parcela onde se situará o centro de maiores, que ofrecerá un mínimo de 96 prazas na residencia e 40, no centro de día.

O Vicepresidente subliñou que “hoxe é un día feliz porque se cumpre cunha demanda dos veciños dos Concellos dos Ancares, que levan anos demandando este centro para maiores”.

 

O socialista lembrou que hai anos o Concello puxo a disposición da Xunta de Galicia os terreos necesarios e o proxecto de obra, que realizou a Deputación, pois Feijóo se comprometera publicamente no 2009 a executar este centro da terceira idade, pero nunca o fixo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com