A Deputación inviste 350.000 euros na mellora da estrada vía A Pontenova – Fonsagrada

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou este venres a aprobación na Xunta de Goberno de hoxe da contratación das obras de mellora da estrada LU-P-4802, de Xinzo por Navalla a Ponte Soutelo, na Pontenova. O Executivo Provincial inviste 350.000 euros nestas actuacións, que beneficiarán a 5.000 veciños, pois esta vía conecta con 3 parroquias pontenovesas, así como este municipio cos da Fonsagrada e Ribeira de Piquín.

Campos Conde explicou que arranxará o treito comprendido entre os puntos quilométricos 0,000 e 4,630. As actuacións consistirán na mellora do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas e incremento da sinalización horizontal e vertical. Tamén se mellorará a traída de auga municipal que discorre por este espazo, dando solución ás filtracións.

O titular provincial destacou que estas obras beneficiarán, directamente, aos veciños das 3 parroquias desta zona, que son as de Bogo, Vilaboa e Vilarmide. Ademais repercutirán en centos de cidadáns que a emprega ao ser a vía que une A Pontenova cos Concellos da Fonsagrada e Ribeira de Piquín.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com