A Deputación de Lugo inviste sete mil euros na compra de material deportivo para os equipos femininos do Club de baloncesto Val de Lemos en Monforte.
O presidente da Deputación, Darío Campos sinalou que con esta axuda “impulsamos o deporte na Comarca de Lemos, nun club que é un verdadeiro referente no deporte base da nosa provincia”. O titular provincial recalcou que clubs como o Val de Lemos “son vitais para o desenvolvemento social e deportivo da comarca de Lemos, xa que en dous anos este club foi capaz de duplicar a súa canteira de deportistas”.
A presidenta do Club Baloncesto Val de Lemos, Ana Arias cualificou esta axuda como “moi necesaria, xa que o importe que nos concede a Deputación case supón a metade do orzamento do club”, que rolda os 15.000 euros. Arias sinala que o pretenden facer con esta subvención “é comprar material deportivo, como chándales, camisetas, mochilas, anoraks, para que os nosos deportistas poidan competir en igualade de condicións que o resto”.