A Deputación leva á Capela de Santa María 7 concertos de balde de música clásica

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, presentou este luns, na aula do obradoiro de instrumentos musicais do Centro de Artesanía, a programación gratuíta do IV MusicAD. Esta iniciativa que organiza o CENTRAD, achega sete actuacións de música clásica, dende o 6 e ata o 18 de setembro, á Capela de Santa María.

García Porto subliñou que “dende a Deputación apostamos por este tipo de actividades que achegan gratuitamente actuacións musicais aos lucenses, e que axudan a fomentar e difundir a música clásica dos nosos artistas”.

Todos os concertos terán lugar na sala de exposicións da Capela de Santa María ás 20:30 horas. A entrada é totalmente gratuíta.

PROGRAMACIÓN

Martes 6 de setembro.- O cuarteto de clarinetes Xesús Bal e Gai da Asociación Cultural Nois interpretarán diferentes obras de varios mestres da música clásica (Mozart, Rossini, Albéniz e Piazzolla)

Venres 9 de setembro.- Dúo de violoncello e piano (a monfortina Sabela Vázquez Ramos e a lucense Ana Fernández Galloso)

Domingo 11 de setembro.- O grupo “Ars Combinatoria” co concerto En torno a las Huelgas interpretará pezas de El Códice de las Huelgas

Lunes 12 de setembro.- Dúo de laudes "La Compagna" integrado por Rafael Muñoz e María Luz Martínez interpretarán Dialogue, dúos ingleses e italianos para laúdes renacentistas

Venres 16 de setembro.- O grupo de Metais de Galicia (Esperanza Mara Filgueira, Miguel Vizoso, Marina Abuín e Xosé Carlos Seráns) co concerto Lembrando a Manuel María, unirá música e poesía empregando a palabra dos poetas galegos

Sábado 17 de setembro.- A asociación cultural e medioambiental Quercus Sonora a través do seu cuarteto de corda interpretará La muerte y la doncella do compositor austríaco Franz Schubert

Domingo 18 de setembro.- O grupo “Ars Combinatoria” co concerto Música na época de Carlos V presentará unha alternancia entre a música do século XVI e anécdotas da vida do monarca

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com