O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, supervisou hoxe o remate das obras na LU-P- 4109, de Ferreira a Goián. O Goberno Provincial achegou a estes traballos 93.400 euros para mellorar a estrada que une Pantón coa vía rápida a Monforte de Lemos.
As actuación consistiron no aglomerado en quente de máis de 2 quilómetros, comprendidos ; así como na limpeza das marxes da estrada e no incremento da sinalización horizontal e vertical.
Martínez Núñez destacou que “con estes traballos dende o Goberno Provincial beneficiamos a todos os veciños da zona sur da provincia pois esta é unha das estradas máis empregadas polos veciños da comarca ao conectar o Concello de Pantón coa vía rápida a Monforte de Lemos”.
O Executivo Provincial destinou outros 61.300 euros á mellora de vías municipais en 3 núcleos rurais de Pantón, así como en dúas rúas do centro urbano destra localidade. Deste xeito, as actuacións consisten no acondicionamento de estradas municipais no núcleo rural de Ferreiroá, na parroquia de San Xulián; no Regueiro, na de San Vicente; e Pantón de Abaixo, na de Pantón; así como na Avenida Deputación, na Rúa Manuel María e na farmacia do núcleo urbano.