A Deputación mellora os accesos a explotacións de cinco parroquias do Saviñao

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Asociación de Veciños Plataforma Veciñal Terras do Saviñao mediante o cal o Goberno Provincial achega a este colectivo 12.500 euros para a mellora de accesos públicos municipais a explotacións agrarias e gandeiras, así como fincas con actividade vitivinícola, de 5 parroquias de dito municipio.

Campos Conde explicou que estas actuacións beneficiarán directamente aos 400 veciños que viven en Marrube, A Broza, Rosende, Fión e Freán, moitos deles profesionais dos sector agrogandeiro e vitivinícola, que a día de hoxe teñen dificultades para acceder ás fincas onde traballan polo estado no que se atopan os viais públicos municipais”. Trátase dunhas actuacións que se enmarcan “na nosa aposta por unha Deputación rural e coas persoas, que defende a igualdade de oportunidades vivas onde vivas e a vida no rural e do rural”, destacou.

Para a axilización destes traballo, Campos Conde decidiu incluír un anticipo do 80% dos fondos total, facilitando ao colectivo a posta en marcha destas obras.

Na parroquia de Marrube, acondicionarase un acceso a infraestruturas agrarias e gandeiras para o uso dos veciños e produtores. Na parroquia de A Broza, levaranse a cabo obras de mellora no acceso para maquinaria a fincas agrícolas en Vilarello. Na parroquia de Rosende, melloraranse os accesos na ribeira da Veitureira coa limpeza,
preparación do terreo, cunetas e formigonado. Hai que ter en conta que se trata dunha parroquia eminentemente vitivinícola, polo que estes traballos permitirán o acceso de maquinaria. Na parroquia de Fijón, limparanse as cunetas e instalaranse tubos para a filtración da auga. Finalmente, na parroquia de Freán, levarase a cabo o formigonado dun acceso en Casa do Monte e a instalación de taxeas transversais.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. asociacion veciñal do Saviñao
    Xan 21, 2018 - 04:19 PM

    non preguntou esta asociación ós veciños cales eran as prioridades e necesidades de cada lugar. Unha asociación á que se lle descoñece actividade algunha, pero que leva recibindo axudas da Deputación dende o 2015.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com