A Deputación mellorará 27 estradas provinciais con 4 millóns de euros

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou esta mañá que o Executivo Provincial vén de aprobar en Xunta de Goberno un investimento inicial de 4 millóns de euros para a mellora de 79 quilómetros de 27 estradas provinciais que discorren por 16 Concellos.

Dentro deste presuposto, apobouse a cotratación do acondicionamento dun total de 10,4 quilómetros, 5 da estrada LU-P-5302 en Ribas de Sil e 5,4 da LU-P-6103 en Barreiros.

Asemade, o ente provincial aprobou iniciar o proceso de contratación do acondicionamento do firme en treitos de 24 estradas provinciais que transcorren por Baralla (LU-P- 0506), A Pontenova (LU-P- 1904, Lu-P-4805 e LU-P-4808), Becerreá (LU-P- 0705), Castroverde (LU-P- 1611, Cinturón Comarcal), Lourenzá (LU-P- 2801, LU-P- 2803 e LU-P- 2805), Meira (LU-P- 3003 e LU-P- 3005), Ribeira de Piquín (LU-P- 4806), A Fonsagrada (LU-P- 1905 e LU-P- 1909), Guitiriz (LU-P- 2301), Navia de Suarna (LU-P- 3501, LU-P- 3509 e LU-P- 3512), Sarria (LU-P- 5602), Trabada (LU-P- 5506), O Valadouro (LU-P- 1502 e LU-P- 6303) e Viveiro (LU-P- 6601, LU-P- 6611 e LU-P- 6613)

Rutas Fluviais da Deputación

A Xunta de Goberno aprobou iniciar o proceso de contratación para o funcionamento das rutas fluviais na Semana Santa, cun presuposto inicial de 700.000 euros, que poderá reducirse logo da súa adxudicación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com