A Deputación, o Concello de Chantada e veciños abordan a remodelación viaria do Barrio da Ponte

O Vicepresidente e Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, recibiu este mércores ao Alcalde de Chantada, Manuel Varela, e a representantes de asociacións veciñais deste municipio para abordar conxuntamente a remodelación da estrada LU-P- 1801 ao seu paso polo Barrio da Ponte.

Fixérono logo de que o Goberno da Deputación, o Concello de Chantada e a Valedora do Pobo propuxen unha primeira proposta, que foi consensuada entre ditas institucións, coa que dar solución á densidade de tráfico que sofre esta vial tras as petición que veciños de Chantada trasladaron á Valedora do Pobo.

Esta proposta non satisfixo a outros veciños do municipio polo que o Executivo Provincial a través do Vicepresidente decidiu escoitar de novo a todas as partes implicadas para tentar atopar unha solución que satisfaga a todas as partes.

Os veciños propuxeron hoxe dúas posibles solucións: a construción dunha ponte, que xa ven reflectida no PXOM e que conlevaría habilitar unha rotonda, que salvaría o río Asma mediante unha ponte. A outra consistiría en realizar unha ponte noutra zona, partindo do casco urbano e que cruzaría ata o mercado gandeiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com