A Deputación ofrece a 105 mozos no paro formación e emprego cos primeiros 7 cursos do Lugowork

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, ao Director de Innovación e ao Director de Aceleración Empresarial da Escola de Organización Industrial, Miguel Sánchez Galindo e Francisco Javier de Benito, respectivamente, informou este xoves sobre a posta en marcha das 7 primeiras accións formativas para lucenses menores de 30 anos no paro, que inclúe o LUGOWORK. É o 1º plan de emprego xuvenil participativo da provincia, que puxo en marcha o Goberno Provincial tras captar preto de 2 millóns de euros da Unión Europea a través da EOI. O 91,89% dos fondos deste plan son do Fondo Social Europeo.

Campos Conde avanzou que “tras esta fase de formación, os participantes terán a posibilidade de ser contratados en empresas da provincia durante 6 meses. Para elo, abriremos unha convocatoria pública, dirixida ao tecido produtivo lucense, ofrecéndolles axudas de 5.000 euros para a contratación dos mozos que conclúan con éxito esta formación, que se axusta ás necesidades laborais das empresas da provincia”.

Estes cursos, totalmente gratuítos, inclúen preto de 1.600 horas de formación para 105 desempregados lucenses. Os participantes teñen que ser lucenses menores de 30 anos e estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil. As accións formativas levaranse ás zonas Centro, Norte, Sur e Montaña lucenses, pois celebraranse en Lugo, Viveiro, A Fonsagrada e Monforte de Lemos.

Mañá mesmo se abrirá o prazo de solicitude en www.deputacionlugo.gal e en www.eoi.es. Este rematará o 3 de febreiro de 2007. Os interesados poden solicitar máis información en lugowork@deputacionlugo.org e en 982-26- 00-88 ou 982-26- 00-77.

As 7 accións formativas son as seguintes:

– Auxiliar de Vendas Online e Atención ao Público.
– Axudante de Cociña e Servizo de Restauración.
– Emprego eficiente e uso de maquinaria para o aproveitamento forestal.
– Aserrado de madeira.
– Auxiliar de Xestión Informática e Internet para Pemes.
– Traballos auxiliares en obras de rehabilitación e construción.
– Operario de obra civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com