O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participaron este sábado na segunda xornada do Festival Internacional 17º Ribeira Sacra. O Goberno da Deputación, que é o principal patrocinador deste evento con 20.000 euros, dentro da súa aposta polo impulso turístico da zona.
O Concello de Monforte achega 3.000 euros e facilita lugares gratuítos de acampanada. Tamén cede os espazos da celebración das actividades, ao igual que o Concello de Sober. Colaboran o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a Xunta. 17º Ribeira Sacra combina a música de artistas nacionais e internacionais coa promoción patrimonial, natural, vitivinícola, gastronómica e económica dos establecementos da zona.