A Deputación pon en marcha un plan de aforro enerxético para os concellos

A Deputación de Lugo pon en marcha o chamado Plan de Aforro Enerxético para os Concellos que contará cun orzamento de 1,5 millóns de euros. O presidente do ente provincial, Darío Campos adiantou que a Xunta de Goberno do venres aprobará esta programación, dirixida aos 66 Concellos lugueses de menos de 20.000 habitantes.

O plan inclúe subvencións de entre 16.000 e 46.000 euros para os municipios. Ditas axudas poderán destinarse a financiar actuacións como melloras na rede de alumeado público, coas que aforrar máis dun 20% na factura; a instalación de caldeiras ou estufas de biomasa e novas redes de calor, que permiten reducir os custos térmicos ata nun 40% ao ano ou a instalación de illamentos térmicos, que facilitan o 10% de aforro na factura anual da calefacción.

Campos explicou que ofrecerán aos concellos un anticipo do 50% do orzamento que lle corresponde, e concederán ditas axudas vía convenio. “Isto suporá, unha inmediata inxección económica nas arcas municipais de 750.000 euros, ao tempo que permitirá financiar as actuacións concretas que establezan os Concellos en función das súas necesidades”, subiñou o presidente da Deputación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com