A Deputación pon en marcha un Servizo no Fogar gratis para os concellos

O Goberno da Deputación de Lugo aprobará mañá en Xunta de Goberno as axudas para o Servizo de Axuda no Fogar nos 66 Concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes.

As axudas ascenden a un importe total de1,5 millóns de euros, 300.000 euros máis que o ano pasado. Ademais, por vez primeira os municipios non terán que pagar o 30% do custe, como viña sucedendo até o de agora, polo que resultará totalmente gratuíto. A maiores, a Deputación anticipará o 90% dos fondos e financiará os gastos de funcionamento para dar resposta ás necesidades dos maiores.

Outra novidade é que as axudas non se concederán a través de subvencións de concorrencia non competitiva, como até o de agora, senón vía convenio; que mañá se aprobará na Xunta de Goberno. “Con isto conseguimos, por un lado, axilizar a concesión dos fondos das Axudas ao Fogar aos municipios, así como axustar este servizo á realidade e necesidades dos usuarios de cada Concello”, destacou esta mañá o presidente da Deputación Darío Campos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com