O Vicepresidente da Deputación e Deputado de Vías Obras, Manuel Martínez Núñez, acompañado de Alcaldes da provincia, presentou este mércores na Fonsagrada o Plan Invernal que xa ten en marcha o organismo provincial para garantir a seguridade na rede viaria provincial e municipal. É a máis extensa do estado con 4.200 quilómetros, dos que 1.500 quilómetros están por riba dos 600 metros de altitude con respecto ao mar e 800 a máis de 800 metros.
Trátase dun dispositivo co que o Goberno da Deputación contribúe ao fomento da emprego na provincia, o das 8 PEMES lucenses con experiencia no eido das actuacións por incidencias causadas pola neve e xeo, que se encargarán de prestar o servizo. dos que máis de 1.500 quilómetros están por riba dos 600 metros de altitude e 800 a máis de 800 metros con respecto ao nivel do mar.
Martínez Núñez avanzou que o dispositivo invernal da Deputación está composto por 112 operarios e 64 máquinas, e conta con máis de 420 toneladas de sal nos 12 saleiros que hai na provincia. O Vicepresidente lembrou ademais que na pasada campaña, o organismo provincial atendeu 426 incidencias, 174 menos que o ano pasado, e empregou 735 toneladas de sal.
O responsable da área de xestión territorial subliñou “o esforzo inversor do Goberno da Deputación para mellorar a rede de vías que temos na provincia. De feito, vimos de pór en marcha un plan dotado de 15 millóns de euros para melloras en estradas provinciais dos 67 Concellos, co que poderemos ter aglomerado, practicamente, o 50% da rede provincial, uns 2.000 quilómetros”.
Martínez Núñez lembrou que a Deputación de Lugo, a diferenza doutras administracións públicas do país, ofrece esta asistencia, de xeito totalmente gratuíto, a todos os Concellos da provincia que o soliciten. De feito, en intensos temporais, o organismo provincial tamén actúa en estradas da provincia de León, que lindan coas de Lugo. Os municipios nos que máis incidencias se rexistraron foron Baleira, Folgoso do Caurel, Cervantes, A Fonsagrada, o Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.