A Deputación potencia con obradoiros a micoloxía na hostalería provincial

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, asistiu este mércores ao curso-obradoiro de cogomelos que se celebra no C.P.I de Cervantes, e que financia o organismo provincial a través do convenio de colaboración da USC de 35.000 euros que o Goberno da Deputación realiza á Estación Científica do Courel. Os obradoiros consistiron en duas sesións prácticas impartidas polo cociñeiro Héctor López, con ampla experiencia na cociña dos cogomelos e a súa divulgación, así como coa colaboración de Julian Alonso, técnico da USC e experto en micoloxía.

Vidal Baamonde remarcou que “esta actividade está dirixida aos profesionais da restauración que queren incorporar na cociña preparacións con cogomelos, e ao mesmo tempo para os que teñen interese en adquirir coñecementos básicos sobre a cociña con estes produtos. Por iso dende o Executivo Provincial continuamos impulsando a Comarca dos Ancares con actividades coma esta, xa que contribúen a dinamizar e potenciar os recursos micolóxicos que hai na provincia, co obxectivo de poder empregalos para ampliar a oferta turística e económica lucense”.

O Deputado afirmou que “durante os últimos anos, ten aumentado moi notablemente o interese polo aproveitamento micolóxico, debido á súa importancia ecolóxica, nutricional, gastronómica e, ademais, lúdico turista. Con esta xornada os profesionais coñecen de primeira man as grandes receitas de cogomelos, así como a diversidade de especies coas que contamos na nosa provincia.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com