A Deputación prepara un Plan de Emprego para persoas en risco de exclusión laboral e con capacidades diferentes

O Goberno da Deputación de Lugo está a elaborar un plan de emprego social, dotado de 2,5 millóns de euros, xunto a persoas con capacidades diferentes e en risco de exclusión social. O obxectivo desta nova iniciativa é favorecer a contratación destas persoas. Por este motivo, este venres habilitouse na páxina da Deputación un ficheiro para que trasladen ao organismo provincial os seus perfís laborais.

Na web provincial hai un banner co nome “Emprego para persoas con capacidades diferentes” e un formulario para indicar a súa titulación, experiencia laboral, perfís laborais aos que aspiran. Toda esta información deberá ser remita ao correo area.emprego@deputacionlugo.org ata o 12 de setembro incluído.

Con esta documentación, a Deputación elaborará unha base de datos provinciais, na que se recollerán todos os perfiles laborais das persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral. Por exemplo, persoas con dificultades sensoriais, psicolóxicas, físicas, ex reos ou vítimas de violencia de xénero.

“O noso obxectivo é primar a contratación destes colectivos no vindeiro plan de emprego social que vamos a poñer en marcha na provincia con 2,5 millóns de euros da Deputación”, remarcou o Deputado de Emprego, Álvaro Santos Ramos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com