A Deputación presta a Carlos Nuñez 13 réplicas de instrumentos do Pórtico da Gloria

A Deputación de Lugo prestou 13 réplicas de instrumentos, que aparecen no Pórtico da Gloria, para o concerto de Carlos Núñez, que terá lugar o vindeiro mércores 23 de novembro na Catedral de Santiago de Compostela. Ademais, no concerto participará un dos profesionais do Centro de Artesanía e Deseño.

Este concerto é unha homenaxe sonora ao Pórtico da Gloria e conta coas réplicas en madeira dos instrumentos esculpidos nel. Son, concretamente, 13 réplicas en madeira que se corresponden cos instrumentos que sosteñen os 24 apocalípticos anciáns do Pórtico da Gloria, que foron esculpidos polo Mestre Mateo.

Entre estas réplicas atópanse violas ovales, violas en forma de oito, laudes, salterios, arpas, arpas salterio e o organistrum, entre outros. Os 13 instrumentos que cedeu temporalmente o organismo provincial, e que se atopan na Sala de Música do CENTRAD, son:

– Arpa
– Organistrum A.
– Rota
– Rota
– Viola oiro
– 3 violas ovais
– Viola oval de perna
– Organistrum
– Laude
– Olifante

Carlos Núñez agradeceu hoxe nunha rolda de prensa, colaboración da Deputación de Lugo, a través do Centro de Artesanía e Deseño, por prestar estes instrumentos e colaborar, dende o primeiro momento, neste grande proxecto cultural e histórico.

O Concerto de Carlos Núñez enmárcase dentro das actividades para conmemorar o 50 aniversario da Fundación Barrié en Galicia. Tamén participaron nesta iniciativa a Real Filharmonía de Galicia; e a Asociación para a Promoción da Música ACTUS.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com