A Deputación programa máis de 20 actividades para esta semana co Mercado de Nadal

O Goberno da Deputación continúa ca programación de actividades gratuítas e para todos os públicos que puxo en marcha a través do Mercado de Nadal, unha iniciativa que promove a artesanía e dinamiza o comercio lucense. Esta semana conta con 24 actividades, entre as que destacan demostracións artesanais, obradoiros de decoración, espectáculos de maxia ou actuacións de corais da provincia. Ademais, ata o 5 de xaneiro, está aberto o mercado de artesanía, que este ano conta con 11 profesionais do sector que amosan os seus traballos e produtos.

O horario do Mercado de artesanía da Deputación é de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. O 24 de decembro o horario de tarde será de 16:00 a 18:30 horas.

Programación actividades para esta semana

Luns 26 de decembro

De 12:00 a 14:00 horas. Demostración en vivo de Lucecús (Complementos de moda) no Mercado de Artesanía da Deputación.

De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago

Ás 18:30 horas. Coro San Antonio actuará na Parroquia de Saamasas.

Ás 19:30 horas. Cantar Delas actuará na Parroquia de San Pedro.

Martes 27 de decembro

De 12:00 a 14:00 horas. Demostración en vivo de Mis Marinillas (Complementos de moda) no Mercado de Artesanía da Deputación.

De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago

Ás 18:00 horas. Asociación Galega de Artes Escénicas Fingoi actuará na Praza de San Marcos, na Rúa do Progreso e na Rúa da Raíña.

Ás 20:15 horas. Conxunto Vocal LUGH actuará na Parroquia de San Antonio actuará o

Mércores 28 de decembro

De 12:00 a 14:00 horas. Demostración de M&N Joyas (Xoiería) no Mercado de Nadal da Deputación.

De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago

Ás 18:30 horas. Asociación Galega de Artes Escénicas Fingoi actuará na Parroquia de San Lázaro.

Ás 19:00 horas. Coral Ecos do Miño actuará na Parroquia de San Francisco Xavier.

Ás 20:00 horas. Orfeón Lucense actuará na Rúa da Raíña, Praza Maior e Praza do Campo.

Xoves 29 de decembro

De 12:00 a 14:00 horas. Demostración en vivo de Regal Cerámica Artesán (Cerámica) no Mercado de Artesanía da Deputación.

De 16:00 a 21:00 horas. Xogamos cos sentidos

Actividade de integración e sensibilización sensorial dos máis cativos, na que xogarán utilizando e pescudando con diferentes sentidos. Para elo, deberán superar probas utilizando obxectos cos que agudizar a vista, o olfacto ou inclusive servirse do tacto para pescudar un obxecto determinado.

De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago

Ás 19:00 horas. Coral do Hospital Xeral Calde actuará na Parroquia de San Francisco Xavier

Ás 19:30 horas. Novo Amanecer actuará na Parroquia de Albeiros

Ás 20:00 horas. Orfeón Lucense actuará na Parroquia da Milagrosa

Venres 30 de decembro

De 16:00 a 21:00 horas- Adornos de neve 2: tarros de cristal

Utilizando tarros de cristal fundamentalmente e outros materiais específicos de manualidades, os participantes crearán unha fermosa estrutura decorativa con motivos de Nadal. Utilizaranse pequenos obxectos que se pegarán na tapa e decorarase o tarro ao gusto de cada quen.

De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago

Ás 20:30 horas. Schola Gregoriana Lucensis actuará na Parroquia de Santiago A Nova

Sábado 31 de decembro

De 12:00 a 13:00 horas e de 17:30 a 18:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago

Ás 12:00 horas. Novo Amanecer actuará na Praza de San Marcos, Praza de Santo Domingo e Rúa da Raíña

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com