A Deputación programa tres rutas para coñecer os obradoiros lucenses, co gallo do Día Europeo da Artesanía

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou esta mañá no Centro de Artesanía e Deseño, xunto a varios artesáns lucenses, os tres roteiros para visitar obradoiros de artesáns de toda a provincia (zona centro, mariña e sur), totalmente gratuítos, que o Executivo Provincial ofrece o 31 de marzo e o 1 e 2 de abril para celebrar os Días Europeos da Artesanía.

García Porto subliñou que “dende o Goberno da Deputación ofrecemos este tipo de iniciativas gratuítas, para fomentar un dos oficios máis ligados á identidade galega”, e resaltou que a artesanía” axuda a fixar poboación nas zonas rurais, ademais de ser unha actividade económica cun grande valor engadido”. Con estas rutas por todo o territorio lucense, o ente provincial pretende conseguir que os participantes coñezan un pouco máis do traballo diario que realizan os artesáns da provincia.

 

Para a ruta pola cidade de Lugo hai dispoñibles 82 prazas, e os roteiros de A Mariña e o Sur da provincia contan cada un con 42. O Executivo Provincial achega para as rutas aos obradoiros dos artesáns buses, gratuítos, que sairán todos os días ás 9:00 horas da Rolda da Muralla, diante da Capela de Santa María.

Ademais, durante os Días Europeos da Artesanía, o 31 de marzo e o 1 e dous de abril, o Centro de Artesanía e Deseño ofrecerá xornadas de portas abertas. O horario destas visitas de balde será de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

En España os Días Europeos da Artesanía están promovidos pola Escola de Organización Industrial (EOI) e por Fundesarte, entidade pública sen ánimo de lucro adscrita ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo cuxo principal obxectivo é a mellora da competitividade das empresas artesanais e a súa promoción dentro e fora das nosas fronteiras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com