O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, participaron este sábado na XXVII edición da Festa da Faba de Lourenzá, un produto de primeira categoría, que conta coa Indicación Xeográfica Protexida (IXP). O Goberno da Deputación colabora con esta cita con preto de 5.000 euros, co obxectivo de dar a coñecer a faba de Lourenzá, no marco do Plan Estratéxico de Turismo da provincia, que define a promoción dos produtos autóctonos dos Concellos lugueses como un factor de singularidade turística, capaz de atraer visitantes e xerar riqueza na provincia.
Os visitantes que se acheguen a dito municipio mariñán, durante a fin de se semana, poderán gozar de degustacións de receitas con fabas nos establecementos da localidade, música, carreira popular, xogos infantís, tren turístico, unha xuntanza folclórica ou catas de viños; así como coñecer o Centro de Interpretación da Faba, que xestiona o Concello e que conta con todo o relacionado con esta legume.