O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, acompañado do Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e da Presidenta da Sección de Vilas Termais e alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, inauguraron este xoves o stand da Provincia de Lugo no Termatalia 2017, a feira internacional de Turismo Termal que ten lugar hoxe e mañá en Ourense, co fin de pular polo mercado estratéxico do Turismo Termal e Benestar.
Campos Conde destacou que “a provincia de Lugo e Galicia son un referente nacional e internacional en materia de termalismo, que debemos aproveitar para impulsar o turismo como un verdadeiro motor económico. Neste ámbito é fundamental a colaboración público- privada, por iso, por sétimo ano consecutivo, desde o Goberno da Deputación, decidimos ofrecer o LugoTermal, unha programación que ofrece 600 prazas a lucenses maiores de 55 anos, con descuentos de máis de 60 euros para recibir terapias mineromedicinais nos establecementos termais da provincia.”
O Presidente lembrou que esta iniciativa do Executivo Provincial desperta moito interese entre os maiores da provincia, pois foron máis de 5.600 persoas as que, en pasadas edicións, beneficiáronse desta programación.