A Deputación promove o libro ‘Gorca Rete’, que reivindica o valor do rural da Pontenova

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este mércores na presentación do libro Gorca Rete, da autora Monse Fernández Álvarez, que tivo lugar no Concello da Pontenova por tratarse dunha publicación que pon en valor o rural de dito municipio pois a historia desenvólvese nos núcleos rurais de Bogo, Vilarxubín e Sampaio. A  publicación, que conta cunha axuda da Deputación de 1.500 euros, posúe no mesmo exemplar unha versión en galego e outra en castelán; así como un CD narrativo con ambas versións. Trátase tamén dunha publicación participativa pois a autora convidou a nenos que tiveran vínculos coas localidades á colaborar nas ilustracións dos libro.

Campos Conde destacou que “dende o Goberno da Deputación estamos comprometidos coa promoción e divulgación dos espazos rurais da nosa provincia, dentro da aposta da Deputación pola defensa e impulso do rural. A publicación Gorca Rete é unha novela de ficción que promove o valor social e patrimonial das vilas Bogo, Vilarxubín e Sampaio, así como das súas xentes pois a obra conta coa aparición de veciños do lugar coñecidos pola escritora”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com