O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, asistiu este domingo á 43ª Subida a Chantada, que se está a celebrar esta fin de semana no municipio da Ribeira Sacra. O evento, consolidado dentro do panorama deportivo galego, reuniu nesta nova edición a 78 pilotos e milleiros de afeccionados ao mundo do motor, non só de Galicia, senón tamén de comunidades limítrofes, como Castela e León e Asturias, así como do norte de Portugal.
Rivera Capón, acompañado do Presidente da Escudería Chantada, José Alfonso Viana Mejuto, participou nesta cita automobilística que supón un importante impacto económico para a zona. “A Subida a Chantada é unha das probas deportivas punteiras da nosa provincia e un referente a nivel autonómico”, destacou o Deputado de Deportes. “Proba disto é que o evento non deixa de crecer ano tras ano: en 2014 foron 68 os pilotos que se deron cita en Chantada, en 2015 a cifra incrementouse ata os 73 e nesta edición acadáronse os 78 competidores”, engadiu.
A Deputación fai unha achega de 7.000 euros e 40 cestas de produtos autóctonos co obxectivo de promocionar a provincia entre os pilotos e afeccionados asistentes. O deputado provincial, fixo ademais entrega de varios trofeos aos gañadores ao remate da competición.
Como noutras edicións, os tempos e resultados poden ser consultados a través da páxina web http://temposfga.eu/.
Percorrido
A Subida a Chantada mantivo nesta edición o seu habitual percorrido, pola C-533 de Lalín-A Gudiña, situándose o parque de saída e asistencias nas inmediacións da ponte vella sobre o Río Miño, punto dende o que os participantes percorreron 4,1 quilómetros, con un desnivel de 250 metros y una pendente media del 7,5% ata a confluencia con la estrada de Chantada a Monforte.