A Deputación reclamará ao Estado e á Xunta novas políticas antiincendios

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou esta mañá dúas mocións presentadas polo Goberno Provincial para reclamar ao Estado e á Xunta de Galicia cambios na política antiincendios, así como outra para instar ao Ministerio de Fomento a que execute melloras na N-VI. A moción relativa aos lumes, saíu adiante a pesares dos votos en contra dos Deputados do Partido Popular.

A través desta iniciativa, o Goberno chegou ao acordo de esixir á Xunta de Galicia e o goberno do Estado a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil, de acordo co previsto na Lei 17/2015 de nove de xullo do Sistema Nacional de Protección Civil que permita adoptar medidas económicas para a recuperación das zonas afectadas polos lumes.

Asemade, o goberno provincial instará á Xutna a que nos vindeiros meses aprobe as iniciativas lexislativas para promover unha política forestal que permita a conservación e protección dos montes, que elabore un protocolo xunto a concellos, deputacións e técnicos para as actuacións ante os lumes, que introduza no currículo educativo dos escolares de todos os niveis o ensino en valores de respecto ao medio ambiente, e que elabore  proxectos formativos e de conciención.

Ademáis, no acordo asinouse tamén que o ente provincial instara ao Estado e á Xunta a establecer inmediatamente as axudas necesarias para recuperar a riqueza forestal dos bosques e montes galegos e o patrimonio que perderon os veciños de toda Galicia.

En relación á moción para mellorar a Nacional VI, que foi aprobada por unanimidade do Pleno, o Goberno da Deputación instará ao Ministerio de Fomento a que presente, no prazo de 6 meses, un plan integral de seguridade e humanización da N-VI, ao seu paso por todos os concellos da provincia de Lugo para poder incluír as obras nos Orzamentos Xerais do Estado 2019.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com