A Deputación rehabilitará o Mirador de Mondoñedo dando traballo a 20 desempregados

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou esta mañá aceptar a subvención da Xunta de Galicia para financiar parte dos gastos do Obradoiro de Emprego  para rehabilitar e pór en valor o Mirador de Mondoñedo. Así o anunciou a vicevoceira do Goberno Provincial, Sonsoles López Izquierdo, quen explicou que con este obradoiro a Deputación busca “ofrecer formación e prácticas remuneradas a desempregados da provincia ademáis de mellorar os servizos públicos da mesma”.

Trátase da única acción formativa que a Xunta de Galicia resolveu favorablemente, das 6 solicitadas polo Goberno da Deputación (3 obradoiro de emprego e 3 programas mixtos). Son, polo tanto, 5 as iniciativas en impulso do emprego na provincia as que denegou a Xunta, coas que se podería facilitar a inserción de 80 parados lucenses máis.

López Izquierdo informou que “trátase da primeira fase, dotada de 274.000 euros, dos que o Goberno da Deputación achega 50.000 euros; coa que se iniciarán traballos de acondicionamento do exterior da fachada, peches, cuberta e carpintería, entre outros. Na vindeira anualidade, concorreremos de novo a convocatoria destes obradoiros para executar unha segunda fase, a de acondicionamento e mellora do interior”.

López Izquierdo informou que para a execución deste proxecto fará falta a contratación de 20 lucenses no paro. Todos os interesados deberán estar inscritos como demandantes de emprego, estar empadroados no Concello de Mondoñedo e ter 18 anos ou máis. Na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, hai un espazo habilitado con toda a información.

Visita a Cogami

Noutro eido, a deputada provincial, mantivo esta mañá un encontro cun usuario da Confederación Galega de Persoas con Disversidade Funcional (COGAMI), que está a traballar nunha empresa lucense, como operario de imprenta, a través do servizo de intermediación laboral en zonas rurais da provincia, que financia o Executivo da Deputación. Esta persoa, que ten unha diversidade funcional auditiva, foi asesorada e preparada por profesionais de Cpgami, para poder desempeñar distintas tarefas de carteleira, grapado ou papelería.

López Izquierdo destacou que “grazas a esta prestación, Cogami  acadou, entre o 2016 e o que vai de 2017, unha inserción laboral de 302 persoas con capacidades diferentes ou de difícil acceso ao mercado de traballo, que actualmente están traballando en algunha empresa da provincia, con oficios tan variados como administrativos, xardineiros, peóns ou camareiros”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com