A Deputación remata as obras da residencia con centro de día público da Fonsagrada

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, supervisaron hoxe o remate das obras da residencia con centro de día público que a Deputación financia ao 100% con 2 millóns de euros. Gómez Besteiro destacou que unha vez rematadas as obras de construción, a Deputación ten iniciado o proceso de contratación do equipamento e mobiliario deste centro, para o que o organismo lugués conta cunha partida presupostaria de máis de 100.000 euros.

 Os seguintes pasos serán: a selección de persoal e posteriormente virá a fase de avaliación de solicitudes das persoas que queiran ingresar na Residencia

 O Presidente insistiu, como xa o fixo noutras ocasións, na necesidade de que a Xunta de Galicia “concerte prazas en centros públicos, ao igual que o está a facer nos privados”, o que pode supoñer unha redución dun 50% nos custes para os usuarios.

A residencia e centro de día público atópase no centro da capitalidade fonsagradina, Cunha superficie de 1.675 metros cadrados distribuídos en dúas plantas, as instalacións ofrecerán 24 prazas de residencia e 30 no centro de día. Na planta baixa estarán situadas os espazos comúns, como o comedor ou a sala de lectura e televisión, así como os servizos de enfermaría, cociña, lavandería, etc. Na planta superior situaranse os cuartos con baños.

@depulugo

 

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. J Eduardo Veiga (@JEduardoVeiga)
    Feb 19, 2015 - 09:01 PM

    A Deputación remata as obras da residencia con centro de día público da Fonsagrada – Xornal de Lugo http://t.co/1wV7tFHrLw

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com