A Deputación renova con 56.000 euros o Campo da Feira de Sobrado en Baralla

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, acompañado do Presidente da Comunidade de Montes, José Manuel Núñez Fernández e veciños de Baralla, inauguraron hoxe o renovado campo da feira de Sobrado, neste concello, precisamente o día da celebración da romaría.

O Executivo Provincial realizou unha achega económica de máis de 56.000 euros. Santos Ramos explicou que “dende o Goberno da Deputación estamos comprometidos coa mellora das dotacións públicas das que dispoñen os nosos veciños, especialmente os do rural, pois favorecemos a dinamización social desta localidade. Contribuímos tamén á posta en valor deste entorno, que beneficia tanto aos veciños de Baralla, como aos visitantes habituais de concellos limítrofes como o Corgo, Castroverde, Láncara e  Lugo, chegando a superar o milleiro de persoas durante celebracións no verán”.

Núñez Fernández agradeceu a colaboración do Goberno da Deputación, pois “permite poñer en valor este espazo que historicamente foi fundamental para o desenvolvemento socioeconómico do Concello de Baralla”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com