A Deputación retira a xestión das residencias a Suplusa

As residencias da terceira idade da Deputación parecen ser máis un motivo de conflito entre os socialistas que de unión. Meses levan uns e outros tirando da corda e a corda terminouse de romper. Esta mañá, ante a falta de acordo entre o equipo de goberno e o vicepresidente da Deputación e presidente de Suplusa, Manuel Martínez, o Executivo retirou hoxe, por vía de urxencia, a encomenda de xestión das residencias á Sociedade Urbanística Provincial.

Como cabía esperar, a votación deste punto na Xunta de Goberno desta mañá, non tivo o respaldo do 100% do equipo socialista, Manuel Martínez, negouse a que se lle retirase a Suplusa esta condición. As desavenencias dentro do partido socialista provincial xa non son novidade, pero esto está a afectar, desta volta, á apertura das residencias.

O presidente, Darío Campos, informou hoxe do acorso polo que se lle reclama a sociedade que entregue en “dez días” a titularidade xurídca e a posesión de todos os bens relacionados coas residencias construidas ante os “reiterados incumprimentos”. Entre os bens que solicita o executivo provincial atópase o PIA, documento de inicio de actividade, da residencia para maiores de Castroverde. Campos Conde asegurou que non se debe a unha relación tensa entre o equipo de goberno e Martínez, ou a algunha cuestión política, senón que, afirmou, pretenden volver “á legalidade”.

Pola súa banda, Martínez declarou que ve certo “ocultismo” nesta decisión dado que, segundo o propio presidente de Suplusa, o equipo de goberno reuníuse sen el, ás agochadas. “O que non me esperaba era un golpe de estado”, afirmou Martínez quen dixo tamén que non se irá do PSdeG mentres non o boten.

O PP lamenta a “desconfianza” entre os socialistas

Pola súa banda, o Grupo Provincial do PP lamentou que a “desconfianza que existe entre o presidente e o vicepresidente da Deputación, os dous do PSOE, levaran hoxe a Darío Campos a intentar tomar Suplusa pola forza”, para quitarlle
competencias sobre as residencias, pese a que a sociedade ten a encomenda de xestión desde o ano 2010.

Desde o PP critican que a deriva que ten tomado o Goberno socialista provoque, unha vez máis, un novo retraso na apertura das residencias da Deputación, en concreto das instalacións de Castroverde, pese a que hai máis de dous meses que conta co permiso de inicio de actividade (PIA) que outorga a Xunta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com