A Deputación saca a licitación as obras da residencia e centro de día pública de Navia de Suarna

O Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, avanzou este mércores que o Goberno da Deputación iniciou a contratación da residencia e centro de día público da Deputación no Concello de Navia de Suarna, achegando un orzamento de máis de 1,6 millóns de euros. O BOP publica hoxe os pregos poñendo en marcha o inicio destes traballos. Todas as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas, a partir de hoxe, e durante 15 días naturais.

O prezo de licitación destes traballos é de 1.646.036 euros, o Concello aporta outros 200.000 euros e os terreos nos que se instalará. O proxecto, que podería comezar a construírse en marzo, recolle que esta infraestrutura contará con 24 habitacións para residentes, das que 18 serán individuais e 6 dobres. En total, a capacidade máxima que poderá atender este centro será de 50 persoas, entre centro de día e as prazas da residencia.

O Vicepresidente remarcou que coa construción desta residencia “cumprimos o compromiso que acadamos cos veciños de Navia de Suarna, e damos resposta a un dos problemas máis graves que ten a nosa provincia, como é a creación de prazas nas residencias públicas”. Nese senso reiterou a petición realizada polo organismo provincial e demandou á Xunta de Galicia “un trato xusto para este proxecto público, tendo en conta, ademais, a necesidade de crear prazas en centros públicos da provincia, pois a Xunta non o fai dende os anos 70”.  

O rexedor de Navia Suarna, José Fernández Fernández, afirmou “hoxe é un día histórico para os veciños da vila, xa que se inicia a construción da obra máis importante de Navia”. Puntualizou que actualmente hai veciños que teñen que desprazarse ata o Concello veciño de Baralla, a 40 quilómetros, para ser atendidos nestes centros. Lembrou ademais que Navia de Suarna é un concello altamente envellecido, por iso insistiu, “necesitamos esta Residencia, porque os dous mil veciños da vila temos que ter os mesmos dereitos que calquera habitante da provincia. Precisamos de xeito urxente unha residencia pública para atender aos nosos maiores. Meréceno”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com