A Deputación “salva” a construcción dun centro de día no Vicedo

A Deputación de Lugo acordou esta mañá en Xunta de Goberno ampliar o prazo de xustificación das obras que se executan na segunda planta da Casa do Mar do Vicedo para poder así ingresar ao Concello os 149.000 euros da primeira fase do proxecto.

Segundo o ente provincial esta medida permitirá a realización da obra, polo que é a segunda vez que esta institución “salva” a construcción desta infraestrutura. A primeira, din, foi cando o presidente Darío Campos decidiu incluír nos orzamentos da Deputación para 2016 a partida correspondente a esta obra.

O voceiro provincial socialista, Álvaro  Santos, aclarou que “o presidente é o responsable de salvar a construción dun centro de día no Vicedo, pois estas obras están incluídas no Orzamento da Deputación para 2016 porque así o decidiu el mesmo, como máximo responsable legal que é das contas provinciais, aínda que algúns non queiran ou non lles interese recoñecelo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com