A Deputación traballa nun convenio con empresas do sector forestal e enerxético para facilitar trámites na utilización das estradas provinciais

O Vicepresidente da Deputación, e Deputado de Vías e Obras, Manuel Martínez Núñez, mantivo ao longo destes días xuntanzas con Fearmaga, Fenosa e Gas Natural para avanzar na sinatura dun documento que axilice os tramites administrativos destas empresas, implicadas no sector forestal e enerxético en relación coa afectación ou utilización das estradas provinciais para o desenvolvemento da súa actividade. 

O Vicepresidente do ente provincial está a avanzar nun acordo pioneiro con maderistas e eléctricas con dous claros obxectivos: conceder coa máxima axilidade os permisos legais necesarios para o uso seguro de estradas provinciais durante o desenvolvemento da actividade destes profesionais; e garantir a conservación das vías tras a execución destes traballos.

A vindeira semana, o deputado socialista manterá unha xuntanza coa Asociación da Madeira de Lugo, co que xa está en contacto. O obxectivo do Vicepresidente é que o Goberno da Deputación asine un convenio de colaboración que aglutine a todos os profesionais dos sectores da madeira e da electricidade co que fixar un protocolo de actuación común.

“O que buscamos dende o Goberno da Deputación é ofrecer todas as facilidades para que as empresas poidan, con toda a axilidade posible e máxima seguridade, traballar na nosa provincia, investindo polo tanto na mesma; favorecendo a súa labor mediante o emprego das estradas provincias”, explicou o Vicepresidente.

Este protocolo de actuación común no que avanza Martínez implica un único proceso para que as empresas leven a cabo a súa actividade en estradas provinciais, evitando constantes trámites por cada actuación. Para elo, a empresa comprométese ao depósito dun aval co que asegurar aos traballadores de posibles entidades subcontratadas e responder ante os danos que se puidesen ocasionar nas vías. A Deputación realizará levantamentos parciais de actas de execución, e non trámites individuais por cada acción.

O Vicepresidente adiantou está a avanzar un protocolo común para facilitar do mesmo xeito traballos semellantes por parte de particulares.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com