O Goberno da Deputación xera 12 novos empregos en 8 municipios da provincia: Monforte de Lemos, O Saviñao, Castro de Rei, A Fonsagrada, Trabada, Riotorto, A Pontenova e Taboada.
Faino a través do DepuEmprego, o plan co que o Executivo Provincial xera novos postos de traballo, asumindo os custos laborais dos traballadores que requiran os Concellos para reforzar a prestacións de servizos municipais aos veciños, e do Ben Empregado, o programa co que o Goberno da Deputación asume os gastos laborais e salariais da contratación de parados lucenses durante un ano en empresas e entidades sen ánimo de lucro da provincia.
Son, concretamente, 4 postos do DepuEmprego en Taboada un monitor de deportes, e en Trabada: 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico ou con grado en enxeñería de edificación, 1 tecnico deportivo. Todas as persoas interesadas teñen que dirixirse ao Concello, pois son os encargados de realizar os procesos de selección. Neste caso, os interesados deben estar inscritos no Servizo Público de Emprego.