A Deputación xera 21 novos postos de traballo en tres Concellos a través do DepuEmprego

O Goberno da Deputación xera 21 novos postos de traballo en tres Concellos da provincia a través do DepuEmprego, o plan que o Executivo Provincial dotou de 3 millóns de euros para financiar os custos laborais de novos traballadores nos 66 municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes. A solicitude dos 7 empregos que a Deputación ofrece en Viveiro xa está aberta e nos vindeiros días abriranse os prazos para os postos de Outeiro de Rei e Ourol. Na páxina web da Deputación (deputacionlugo.gal) pódense consultar as bases e informarse ao igual que nos propios Concellos, onde se fan as inscricións.

Nesta campaña, ofértanse en Outeiro de Rei, 6 operarios de servizos múltiples e o prazo estará aberto do 30 de marzo ao 12 de abril; en Ourol, ofértase 1 operario de servizos mínimos, 5 peóns forestais e 1 electricista, e o prazo estará aberto do 27 ao 31 de marzo. Por último, en Viveiro, ofértase 1 técnico de informática, 1 electricista, 2 pintores, 3 peóns de servizos múltiples e 1 socorrista. O prazo para estes postos de traballo está aberto ata o 20 de marzo.

A estes novos empregos súmase a oferta no Concello de Láncara de 4 peóns de servizos múltiples e 1 monitor de ocio e tempo libre que remata mañá. Con estes últimos empregos, son xa 219 os que en total o Goberno da Deputación leva xerado en 57 municipios na provincia a través do DepuEmprego. Cómpre destacar que son 263 os postos de traballo que inclúe este plan polo que nas vindeiras semanas se  xerarán outros 44 empregos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com