A Deputación xera 8 novos postos de traballo en dous concellos da provincia a través do Depuemprego

O Goberno da Deputación xera outros oito novos postos de traballo en Lourenzá e o Valadouro a través do DEPUemprego, o plan que o Executivo Provincial dotou de 3 millóns de euros para financiar os custos laborais de novos traballadores nos 66 municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes.

A solicitude para optar a estes oito empregos está aberta e farase nos propios Concellos, quen ofrecerá toda a información necesaria ao igual que na web do organismo provincial (www.deputacionlugo.gal).

En Lourenzá, ofértanse en total 5 postos, precísase 1 técnico en turismo, 1 albanel, 1 carpinteiro, 1 xardineiro e 1 peón de limpeza. E no Valadouro necesitan cubrir tres postos de traballo para un operario condutor, 1 operario de mantemento, 1 operario condutor-tractor. O prazo de selección no Valadouro remata o mañá, 7 de abril.

A estes novos empregos súmase a oferta do Concello de Outeiro de Rei para a contratación de 6 operarios de servizos múltiples, cuxo prazo está aberto ata o 12 de abril e que xa foi anunciado en anteriores datas.

As ofertas en proceso de selección súmanse aos 208 postos convocados anteriormente, polo que xa son 222 os postos que en total o Goberno da Deputación leva xerado en 57 municipios na provincia a través do DEPUEMPREGO. A deputación provincial conta con xerar outros 41 empregos máis nas vindeiras semanas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com