Os deputados do Partido Popular pola provincia de Lugo, Joaquín García e Jaime de Olano consideran que a deputada e o senador socialista que presentaron no Congreso unha Proposición non de Lei para o aumento dos efectivos policiais na comisaría de Lugo tan só queren “buscar a foto e o titular”, para seguidamente “perderen o interese na provincia”. “Unha forma de proceder á que o PSOE xa nos ten afeitos”, engaden.
Tanto García como Olano defenden que os socialistas aparcaron esta iniciativa e preferiron priorizar outras na Comisión do interior como unha presentada co os motivos da concesión dunha distinción ao director do periódico La Razón. “Esta decisión do PSOE amosa o pouco que realmente lles interesan os asuntos relacionados con Lugo e a súa provincia. Coa redacción e presentación desta iniciativa cumpren o seu obxectivo: unha foto e un titular”, sentenzan.
Para os deputados lucenses “o que queda claro é que o único que perseguen os socialistas é conseguir un espazo no periódico e non un debate clarificador sobre as propostas”.