Derrota do CD Lugo ante o Girona FC por tres goles a un

O encontro arrincaba cuns primeiros minutos de tanteo, nos que o CD Lugo buscaba a amplitude de campo e espazos para establecer liñas de combinación, e o Girona FC buscaba a velocidade a partir da liña de tres cuartos.

Era no minuto 4, cando nunha boa xogada individual de Sebas Coris que remataba Borja, e facía o primeiro da tarde para os locais. Os albivermellos non ían quedar atrás, e a reacción non se faría esperar moito. Dos minutos despois, sería Carlos Hernández quen batía a René con gran execución e potencia no salto, e conseguía a igualada no marcador.

Os de Luís César buscaban a súa vantaxe, aínda que, esta vez, a fortuna ía decantarse polo bando rival antes do descanso. Balón longo ás costas da defensa, pugna entre Caveira e Portu, e o dianteiro que logra anticiparse ao despexe de José Juan, bloqueando o lanzamento, e facéndose cun balón franco que servía para o remate dun Borja García que convertía o segundo.

Xa na segunda metade repetíase esquema de partido en ambos os conxuntos. Moita intensidade e potencia nas accións dos dous adversarios Por unha banda o CD Lugo adiantaba posicións, e trataba de optimizar as incorporacións dos seus interiores e laterais, e por outro lado o Girona FC non perdía de vista as súas opcións, e mantiña a súa liña de ataque moi alta sobre a saída visitante, buscando o dano en balóns longos.

A pesar dos esforzos realizados ata o último minuto, o conxunto lucense non lograría mellorar a súa conta goleadora; pola contra, sería o Girona FC o que conseguiría aumentar a súa vantaxe segundos antes do final, cun gol de Alcaraz.

Vitoria para o Girona CF por 3-1 nun partido complicado e moi disputado ata o final.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com