Derrota do CD Lugo ante o Levante UD, líder da categoría

O encontro arrincaba cos dous equipos tratando de impoñer o seu ritmo e estilo de xogo nun comezo aberto e de opcións repartidas para ambos.

Os de Luís César apretaban moi arriba nun movemento de presión importante para provocar perda preto da área rival, e asumían o protagonismo e a iniciativa no xogo. O Levante medraba por momentos e preto do descanso provocaba tres accións de moito perigo que salvaba José Juan

A segunda metade prolongaba a situación de igualdade do último tramo da primeira. Golpeaba primeiro o Levante cunha boa ocasión de Insa que remataba con velocidade no segundo pau, aínda que enviando o seu disparo moi desviado sobre o marco de José Juan. O Lugo trataban de recuperar sensacións, cun bo traballo de ocupación de espazos e saída ordenada desde meta.

A igualdade no electrónico ía romper a favor dos de Muñiz, tras unha caída de Roger no corazón da área, que o colexiado, esta vez si, ía sinalar como pena máxima. O mesmo dianteiro ía transformar a ocasión cun disparo raso e colocado, enganando a José Juan.

Nos últimos minutos do partido, os albivermellos estiraban liñas sobre campo rival e arriscando na posición do bloque, netamente ofensiva en busca do empate. Con dúas aproximacións locais, en botas de Lerma e Morais, e unha chegada a balón cruzado dos de Luís César que atrapaba Raúl con seguridade, quedaba finiquitado o encontro co resultado de 1-0 no marcador e  deixaba aos lucenses sen premio algún ao final dos noventa minutos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com