O Breogán non atopou o ritmo adecuado no xogo e perdeu ante o Palma Air Europa por 65-74.
O equipo celeste comezou mal e xa no primeiro cuarto perdían de oito; no segundo conseguiron remontar e chegaron ao descanso perdendo soamente de dous puntos, pero a partires de aquí os de Palma Air Europa non cederon en acertos e os erros do Breogán fixeron imposible unha remontada.
O próximo partido dos de Lisardo Gómez será o vindeiro mércores, 11 de novembro, en Burgos.