O encontro comezaba baixo unha intensa chuvia e cun Club Deportivo Lugo ofensivo que buscou dende o inicio a vitoria, con liñas altas e control do balón fronte a un Numancia máis directo e na busca do centro cruzado. Os primeiros en adiantarse no marcador foron os de Arrasate tras un centro de Medina que Pedraza aproveitaba cun bo remate, o que obrigaba aos de Milla a buscar o gol da igualada canto antes.
Tras varios intentos por parte dos locais, foi Jonathan Pereira o que marcaba o tanto da igualada. Co empate a un no marcador chegábase ao descanso, cun Lugo máis protagonista co seu rival, que contaba cun xogador menos, tras a expulsión de Regalón.
Na segunda parte, os de Milla comezaban con problemas, tras a expulsión de Cendrós que deixaba aos locais con dez xogadores. A ambición do Lugo atopaba de novo o seu premio con Pereira que repetía fazaña e conseguía a vantaxe para os locais.
Os de Milla trataban de manter a vantaxe conseguida, con argumentos ofensivos e unha aposta clara polo gol, poren foi o CD Numancia quen ía lograr marcar e de novo empatar o partido. Xa na recta final, Valcarce aproveita un malentendido entre a defensa e o porteiro do Lugo, e logra o gol que lle deu a vitoria ao Numancia por 2 goles a 3.