O Club Deportivo Lugo non conseguiu ningún punto na súa visita ao Carlos Belmonte. Os de Luís Milla, foron impoñendo pouco a pouco a súa capacidade de construción para saír dende atrás pero atopáronse cunha presión altísima por parte dos locais. O Lugo buscou insistentemente a vitoria pero dous goles de Rubén Cruz, un no primeiro tempo e o segundo de penalti xa ao fío da conclusión do partido, condenaron aos de Milla, pese a que realizaron un bo encontro.
Xa en rolda de prensa, Luís Milla declarou “que o resultado, quizáis pola igualdade do partido, creo que foi engañoso. Tivemos moitas oportunidades na segunda parte para poder empatar ou incluso gañar”. “O noso arranque é moi mellorable, fomos a máis, pero con iso non basta. Hai que seguir mellorando”, concluíu.