O encontro comezaba de maneira progresiva en ambos bandos, tanteando terreo e rival, cun inicio moi igualado. O CD Lugo buscou dende comezo o control con posesión, e tratando de impoñer un ritmo de xogo favorable. Segundo avanzaba o partido, ambos equipos dispoñían con claridade de ocasións. O CD Numancia apostaba por unha construción directa en poucos pases e na búsqueda de disparos dende media distancia, o que evidenciaba unha pelea de estilos, onde os locais, máis atrevidos, buscaban con rapidez a chegada a traveso do balón aéreo, e onde o gardameta lucense, Roberto se mostrou eficaz nas saídas e despexes.
MInutos antes do descanso, un disparo de Valcace dende a frontal, colabase na porteria de Roberto e poñía o 1-0 no marcador.
Xa na segunda parte o CD Lugo continúaba no seu empeño de lograr a igualada, exercendo unha forte presión sobre o CD Numancia e buscando con velocidade a recuperación rápida. O encontro entraba nunha fase discontinua de xogo, con cortos períodos de control de balón e a premisa clara de dominar a zona medular.
Os de Durán aproximabanse cada vez máis, con opcións de gol para Joselu e Pereira, que probaban con sendos tiros á porta, pero sin lograr o gol da igualada. Pola contra, o CD Numancia respondía en materia ofensiva con Aquino e Iñigo Pérez, máis tampouco lograban o seu obxectivo, unha vantaxe definitiva.
O Club Deportivo Lugo melloraba no rexistro e pasaba a dominar a posesión, xerando situacións de perigo, pero pese a melloría experimentada no xogo do equipo, os de Durán non conseguiron cristalizar o tanto en ningunha das ocasións que tiveron, sobre todo nos derradeiros minutos, e o encontro rematou co 1-0 e cos de Durán pensando no vindeiro partido ante o Nástic de Tarragona na próxima xornada.