O Desafío Ciclista volta a Lugo en maio, arrincando dende a Praza Maior

A Fundación TIC súmase un ano máis ao Desafío Volta a Lugo, que na súa novena edición se celebrará os días 20, 21 e 22 de maio. Este luns, durante a presentación da proba, proxectouse un vídeo promocional elaborado pola TIC no que se detallan as tres etapas, con saídas e chegadas en Lugo, Muras e Sarria. Ademais elaborará reportaxes e vídeos da Volta para a súa difusión nos medios e nas redes sociais.

apoiamos un ano máis este evento cicloturista, o primeiro por etapas de Galicia e un dos poucos deste tipo se organizan en toda a península, que cada edición trae á nosa provincia ciclistas nacionais e internacionais que queren vivir a experiencia dunha volta ciclista por etapas coma os deportistas profesionais, con todos medios técnicos e loxísticos característicos destas probasÁlvaro Santos, patrón da TIC

“Pero o Desafío vai moito máis alá da parte puramente deportiva, xa que propón uns percorridos por fermosas e variadas paisaxes das comarcas de Lugo, desde portos de montaña de gran categoría a tramos pola Terra Chá, que contribúen a dar a coñecer o moito e bo que ofrece a nosa provincia”

Pola súa banda, o concelleiro de deportes de Lugo, Miguel Fernández, puxo en valor a oportunidade que supón para a cidade acoller esta proba deportiva, “un escaparate único do patrimonio de Lugo”, pois este evento difúndese a través de revistas especializadas, portais webs de ciclismo e redes sociais, entre outros. Segundo estimacións dos organizadores, a páxina web do desafío ten 12.500 visitas e a proba conta con 1.800 seguidores en Facebook. Os organizadores estiman 800 mensaxes en foros especializados sobre a volta ciclista, 35.000 lectores da revista na que aparece este desafío, o que garante a difusión da riqueza da cidade.

Ademais de Álvaro Santos, na presentación participaron, entre outros, os Concelleiros de Deportes de Lugo e Sarria, Miguel Fernández e Efrén Castro, o Alcalde de Muras, o presidente do comité organizador da IX Volta ás Comarcas, e o director da proba.

 

.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com