Descende significativamente o número de novos contaxiados por Covid19 detectados na provincia

Continúa a desescalada da Covid na nosa provincia. A baixada no número de casos activos así como no de contaxios xa é unha realidade. As altas médicas e baixo numero de novos casos confirmados por PCR no día de onte, só 16, deixan a cifra total de infeccións activas en 591, 15 persoas menos que na xornada anterior. 

Con todo a presión hospitalaria mantense á alza con 27 pacientes ingresados en planta nos diferentes hospitais da área sanitaria, pero cun aumento no número de camas ocupadas por casos covid na UCI do HULA que hoxe rexistra un 4 persoas con infección activa de coronavirus.

Tras varios días subindo, hoxe mantense tamén a cifra de falecementos en 138. Con todo, son xa 5823 as persoas curadas.

Estas cifras traen boas novas para moitos dos concellos que vivían últimamente nuns niveis moi altos de contaxios. Así, por primeira vez nunha semana, Vilalba ve reducir a incidencia de contaxios por debaixo dos 500 por cada 100.000 habitantes o que sería a antiga alerta vermella. Nestes intres, na provincia de Lugo só quedaría un concello nesta situación, o de Antas de Ulla. Por debaixo dos 500 casos de incidencia a catorce días e superando os 250, o que sería o nivel laranxa nos antigos mapas semafóricos do sergas, estarían a capital Chairega, Cospeito, Triacastela, Muras, Pedrafita, Baleira e Monterroso, entre outros. Lugo continúa o seu descenso e cifra a súa incidencia a catorce días en 156 casos por cada 100.000 persoas.

Por último hai 25 municipios que non rexistraron ningún caso Covid nas últimas 2 semanas, serían entre outros, Becerreá, O Corgo, Cervantes, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, As Nogais, A Pastoriza, Ribeira de Piquín, ou O Vicedo.

Estes datos sumados aos que recollen outras cidades galegas, serven para que a Xunta comece a plantexar a posibilidade de relaxar restriccións na hostalería. O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou onte que de serguir este descenso na incidencia, o Executivo que dirixe podería mellorar a situación na hostalería. Con todo, advirte, seguirán as recomendacións de que, durante as datas natalicias non se xunten máis de 2 unidades familiares para evitar unha terceira vaga.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com