Descenso nas cifras do Covid que deixa un total de 1.129 casos activos na provincia

1.129 persoas na provincia teñen infección activa por coronavirus. Son 19 casos menos que no día de onte. As 52 altas resxistradas no día de onte xunto cos 34 novos positivos fan que as cifras da provincia sexan cada vez máis esperanzadoras. O certo é que a presión hospitalaria mantense en Lugo con 59 persoas ingresadas nos diferentes centros da provincia e 5 persoas continúan na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Lucus Augusti, unha máis que onte.

Consolídase así un descenso importante no número de infeccións que nas xornadas anteriores situábase en 42 e 60 positivos detectados onte e antonte respectivamente.

Malia as boas novas, o virus continúa a cobrarse vidas na nosa provincia. Nas últimas horas falecían tres mulleres, dúas no HULA, de 83 e 94 anos; e unha usuaria da residencia de San Cibrao que falecía onte no Hospital da Mariña. 

Con todo, son xa 3.834 as persoas curadas dende o comezo da pandemia. 

En canto a incidencia por concellos, Cervo abandona o nivel vermello de alerta, pero volve subir Monforte de Lemos que levaba unhas xornadas en descenso de casos. Asemade neste mesmo nivel continúan Lugo, Viveiro, Chantada e Vilalba.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com