Descubertos en Barreiros un dolmen en Penabor e unha mámoa no Cruceiro da Insua

As Asociacións Culturais Mariña Patrimonio e Irmandade Santo Estevo veñen de descubrir no Concello de Barreiros dous novos xacementos arqueolóxicos. En Penabor localizaron unha mámoa duns 15 metros de diámetro, que presenta cono de violación e destaca a presenza de tres ortostatos do dolmen, mentres que a mámoa do Cruceiro da Insua ten uns 20m de diámetro e apréciase no lateral sureste do túmulo o que podería ser o cono de violación.

Mariña Patrimonio e Irmandade Santo Estevo veñen de solicitarlle á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a inclusión destes dous monumentos megalíticos no Catálogo do Patrimonio Culltural de Galicia, aínda que segundo as devanditas asociacións “temen que tanto a mámoa de Penabor coma a da Insua se sumen á longa lista de bens patrimoniais que a DXPC nin cataloga nin protexe debido ao boicot de Patrimonio ás solicitudes que presenta Mariña Patrimonio”.

Ambas as dúas asociacións mantiveron unha reunión a semana pasada coa alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, para informarlle sobre estas novas descubertas e para solicitarlle que o Concello de Barreiros inste á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a que cataloguen e protexan estes dous xacementos arqueolóxicos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com