A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, presentou este martes, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a nova imaxe da web que engloba contidos destas tres áreas municipais, e que xa está dispoñible en www.desenvolvelugo.org.
A edil, acompañada das técncias Isabel Villamor e Paula Gamazo e do técnico Norman Veiga, explicou que a idea de renovar a páxina web relativa ao eido económico, do emprego e do desenvolvemento, sempre tivo como horizonte achegar a xestión municipal á veciñanza e converterse nunha ferramenta útil para os veciños e veciñas. É pois una páxina web de manexo sinxelo, visual e moi intituitivo á hora de navegar, de xeito que a persoa usuaria é capaz de acceder á información que lle interesa de forma rápida, indicou Prieto; quen enxalzou como características desta nova páxina a proximidade, axilidade, facilidade de uso, accesibilidade e transparencia.
Tal e como explicou Prieto, é un portal único, de acceso fácil, que responde a suxestións da cidadanía, e que está estruturada nos seguintes contidos: proxectos, axudas e subvencións, novas, economía, Espazo Lab (Emprego), CEI-NODUS (Emprendemento), Europe Direct Lugo e Eventos.
A través dun deseño moi coidado e moi visual, esta web tamén ofrece apartados tan interesantes como formación e emprego en Europa e un apartado de Lugo en cifras, que se actualizará mes a mes.
Mai 07, 2019 - 04:51 PM
Hermosas