Despidos no Santander

Ben sei que o maior perigo para os postos de Traballo están no extinto Banco Popular, e a pura pervivencia nominal no que en tempos foi galego Banco Pastor, pero en cambio algún despido se podería estar forxando no Santander.

Os que tiñamos contas correntes de vello neste banco fomos notando como os tempos foron cambiando e se en tempos empezaron as comisións, estas ao principio ían sendo eliminadas por xente do propio banco en atención a percepción de nóminas ou outras circunstancias. Nestes momentos iso xa non se ten en conta, e agora que se nos foi impoñendo a dependencia bancaria para case todo, agora tamén por case todo se nos cobra.

Pero hai casos que deberían facer que a propia entidade “se mirase” para saber se está ben.

Poñamos que un cliente recibe unha tarxeta de crédito coa que non está de acordo e non a activa, e se esquece dela porque a efectos legais e bancarios “non existe”.

Pois ese cliente recibe ao ano seguinte un cargo de 48 € por unha tarxeta inexistente. Decatase tarde e cando vai reclamar, xa ten outro cargo similar na conta. Reclama e do último cargo devólvenlle 45 euros (por que non todo se o cargo non corresponde?) e nin sequera lle contestan ao cargo anterior.

Para rizar o rizo, o seguinte ano cárganlle na conta 9 euros por “Comisión de emisión y renovación única por el conjunto de las tarjetas Clásica”. Pero se non existían tarxetas!!!.

Como hai que supoñer que non se trata dunha trama para facer colar cargos que non corresponden se os clientes non se dan conta, haberá que pensar que se trata de descoidos graves que a cúpula do banco deberá revisar. E non dará para despidos pero si para unha verdadeira “reconversión” interna, porque esas cousas hai que miralas, xa que dan moi mala imaxe aínda que sexan moi rendibles.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com